MdGa.TV
Estamos traballando na posta en marcha do noso programa Memoria da Galiza na futura canle de Televisión por Internet www.falemostv.com , emprendemento televisivo de Acuarela Comunicación sll.
É a nosa intención ofrecer un novo servizo de comunicación máis dinámico, atractivo e global para aos nosos clientes, amigos e socios do Club de Memoria da Galiza. Ao redor deste novo medio de comunicación propio artellaremos a comunicación editorial das novidades, lanzamentos, entrevistas aos autores e autoras dos nosos libros, filmes e toda a información que xire ao redor do proxecto editorial da nosa tenda electrónica. Sen lugar a dúbidas o noso programa Memoria da Galiza vai ser unha extraordinaria fiestra de participación, intercambio e coñecemento do noso fondo editorial.
Namentres, poderás ver os trailers das nosas producións audiovisuais na nosa Canle
Lembra que podes mercar todo o noso material audiovisual en diferentes formatos: DVD, descargas para ordenador e móbil.