Servizos
Atención as Librerías A distribución en Galicia dos libros de Acuarela Comunicación está baixo a xestión de Distribucións Arnoia SA, rúa A Ramalleira 5, teléfono 986 679 007, CP 36140 - Vilaboa, Pontevedra.
Para realizar os seus pedidos dende fóra do territorio galego, debe facelos directamente a Acuarela Comunicación sll, r/ Ave do Mar 14-15, 2º B 36950, Moaña, Pontevedra, Galicia/España; Tel/Fax: 986 313 193
Institucións da colectividade galega e españolaSon numerosas as administracións provinciais, autonómicas e nacionais de España que dispoñen de axudas para a realización de actividades culturais na emigración. Moitas veces, tamén, os xestores dos centros e institucións de emigrantes atópanse sen a información precisa e actualizada sobre contidos culturais cos que programar as súas actividades culturais e obter así as axudas públicas previstas para dinamizar a vida social e cultural da súa institución.
Acuarela Comunicación por intermedio de memoriadagalizapon a disposición dos centros galegos e españois, en xeral, o seu catálogo de exposicións e películas para programar unhas xornadas culturais de indubidable interese.
Acuarela Comunicación dispón, tamén, dun servizo de asesoramento e xestión cultural para institucións que comprende a organización de xornadas culturais; cursos de comunicación audiovisual para colectivos sociais; actividades ao redor da recuperación da memoria histórical; charlas; organización de mostras, etc.
EmpresasAcuarela Comunicación é unha empresa de servizos que ofrece a terceiros a súa propia capacidade creativa e de produción nos seguintes ámbitos: publicidade, edición editorial, asesoría multimedia, realización de proxectos expositivos, Internet, televisión, etc.
Novos ProdutoresAcuarela Comunicación dispón duns equipos e instalacións en aluguer para a realización de pequenas producións documentais que pon ao servizo de novos autores e produtores que se lanzan á produción das súas primeiras obras.
Acuarela Comunicación ofrece, por intermedio de empresas amigas de Arxentina e Uruguai, un servizo de produción e aluguer de cámaras e equipos en 35mm, 16mm e vídeo para realizar as súas producións no territorio do Río de la Prata.
Atención á PrensaNeste apartado o profesional da comunicación poderá obter e descargar información sobre as nosas obras en formatos de fichas técnicas traducidas a diversos idiomas, recursos de audio dos nosos entrevistados, fotos de rodaxe e carteis. Todo este material está pensado para que os profesionais dos medios obteñan unha mellor e máis rápida información e documentación sobre a nosa produción.
Catálogos para as TelevisiónsO noso catálogo de documentais está vivo e en constante proceso de distribución e comercialización internacional. As empresas distribuidoras ou programadores de televisión poderán obter os nosos catálogos en inglés, francés, español e galego, cunha selección de títulos adecuada a cada territorio lingüístico.