Personalización de libros e exposicións
Personalización de libros e exposicións
Libros e exposicións personalizadas

A orixe do noso traballo en MdGa, marcado pola recuperación e a construción da nosa memoria histórica, expresa un gran desexo por reunir e divulgar a historia das persoas que, dunha ou outra forma, protagonizaron acontecementos importantes da nosa historia común. A obra é enorme e preséntase como imposible, pero maior era cando hai quince anos comezamos a percorrer o mundo para iniciar este compromiso. No noso percorrido coñecemos a emigrantes cun legado vital moi rico e merecedores da nosa atención, que non sempre nos foi posible recuperar. Coñecemos, tamén, a descendentes destes emigrantes dispostos en perpetuar a historia dos seus maiores e interesados no noso proxecto de traballo.

Dende Acuarela Comunicación, e grazas á xanela que memoriadagaliza.com ábrenos ao mundo, queremos ofrecer a posibilidade de que toda persoa que desexe incorporar a súa historia ou a do seu familiar dentro dos títulos do noso catálogo de libros e exposicións poida facelo dende hoxe mesmo.

¿Por que personalizar a miña historia sobre unha obra xa realizada?

As novas tecnoloxías e a valoración do legado cultural dos nosos maiores promóvennos cada vez máis a evocación familiar e a homenaxe íntima do noso ser querido e Acuarela Comunicación quere participar dese evento e recoñecemento. Por iso ofrecémosche o noso prestixioso catálogo para que a “túa historia familiar” atope un marco inmellorable para lograr os teus obxectivos de perpetuar a memoria do teu ser querido. Dende ese momento a túa historia quedará expresada na nosa historia colectiva e xuntas transitarán un novo e enriquecedor camiño de comunicación e intercambio.

Como incorporar a túa historia familiar?

1.- Debes coñecer o noso catálogo de libros e exposicións e definir en que formato e en cal das historias realizadas hai maior pertenza para ingresar a historia do teu familiar e con ela enriquecer o relato histórico da obra seleccionada.

2.- Debes fornecer, segundo o formato que elixas para personalizar, os seguintes recursos: material gráfico (fotos e documentos) e textos, para que editemos e incorporémolo no noso libro ou exposición.

3.- A personalización da obra e dependendo do formato polo que se decida –libro ou exposición–, ten diferentes modalidades, custos de produción e condicións.

Modalidades do servizo de personalización do Libro

Modalidade 1. Libro/DVD

Podes personalizar o exemplar cunha franxa de cartolina impresa co nome do teu familiar, unha data conmemorativa ou a homenaxe que se queira realizar, e incorporar un texto para a ocasión que imprimiremos en papel artesanal. Os libros recibirálos envolvidos co noso propio papel de MdGa e cun adhesivo que fará referencia á persoa ou evento obxecto da personalización.

Modalidade 2. Libro electrónico

Neste caso a personalización permitida é maior e pódense editar un total de 8 páxinas intercaladas entre os capítulos do libro ou engadir integramente un capítulo sobre a historia da persoa obxecto da personalización.

Modalidades do servizo de personalización das Exposicións

A personalización das exposicións está especialmente pensada para institucións que queiran dinamizar a vida social e cultural da súa entidade a través dunha convocatoria dirixida aos seus asociados, amigos e a comunidade de acollida. A finalidade deste traballo é lograr a participación, a sensibilización social e cultural sobre a historia da institución e dos seus asociados.

Modalidade 3. Básica

Podes personalizar o primeiro panel da Exposición incluíndo o logotipo da túa Institución e incorporando contidos textuais e gráficos específicos da historia da institución ou persoas que se queiran homenaxear.

O resultado da nova exposición envíase en formato .pdf para que a institución imprima as copias necesarias.

Custos dos nosos servizos de personalización

Libro

Modalidade 1. Libro/DVD*: Prezo de Venda ao Público do exemplar + 15 euros de personalización + gastos de envío.

Modalidade 2. Libro electrónico: Prezo de Venda ao Público do exemplar electrónico + 90 euros de edición de 8 páxinas, sen gastos de envío.

Exposición

Modalidade 3. Básica: Prezo de Catálogo + 90 euros de edición por cada panel, sen gastos de envío.

Condicións xerais para o servizo de personalización das nosas obras

Non admitiremos ningunha historia que distorsione o sentido da obra orixinal e todo servizo de personalización será realizado baixo os criterios éticos, estéticos, técnicos e profesionais de Acuarela Comunicación.

O usuario do servizo de personalización enviará a documentación gráfica e textual adecuada e efectivizará o pago do 70 % do custo do servizo de personalización.
A editorial comeza a personalización e, unha vez concluído este proceso, envía as Primeiras Probas ao usuario do servizo de personalización.

O usuario aproba as Primeiras Probas e efectiviza o pago do 30% restante do custo de personalización.

Acuarela Comunicación non poderá comercializar o traballo resultante deste servizo, salvo que haxa autorización do usuario para ese efecto.

O usuario autoriza a Acuarela Comunicación a divulgación cultural sen ánimo comercial do traballo resultante deste servizo.