Libros / Dvd

Castelao e os irmáns da liberdade

Daniel Castelao é o home paradigmático do século XX en Galicia. O universalismo e humanismo que nutren a súa loita pola liberdade e a dignidade da súa terra e da súa xente, convérteno no líder incuestionable do pobo galego.

A súa morte temperá trunca a posibilidade de restablecer o goberno galego na transición e reparar, como el quería, a interpretación equívoca do acontecido en Galicia en 1936.

Santiago Carrillo, Raimundo García “Borobó”, Isaac Díaz Pardo, Francisco Fernández del Riego, Avelino Pousa Antelo, Xaime Isla Couto, Xosé Luis Bóveda Álvarez, Elixio Rodríguez Domínguez, Teresa Rodríguez Castelao, Bernardo Souto, Ricardo Flores, Antón Fraguas Fraguas, José Claudio Calviño García, Manuela Somoza “Piruliña”, Soledad Figueral, Francisco Rey Balbís, Ramón Esturau Calvo, Xosé Neira Vilas e máis voces.

Fundación Castelao; Museo de Pontevedra