Libros / DvdCrónicas da represión lingüística
Nos primeiros anos do século XX prodúcese na nosa terra un auxe da reivindicación lingüística e cultural galega asociada a unha toma de conciencia por parte de grupos galeguistas e republicanos que espallan no conxunto da nosa sociedade arelas de cambios e tranformacións.
Anos despois, co alzamento fascista de 1936, a sociedade galega sofre a represión máis brutal da nosa historia e a lingua galega non fica allea á barbarie e á represión fascista. A nosa lingua é un obxectivo a destruir e facer desaparecer da vida pública e íntima do pobo galego.
A resistencia e a fondura histórica e identitaria da nosa fala fixo posible que a lingua galega perviva aos anos escuros da ditadura.
Carme Hermida Gulías, Agustín Fernández Paz, Antón Costa Rico, Henrique Monteagudo, Henrique Costas, Gregorio F. Fente, Xesús Alonso Montero, Lois Tobío, Francisco F. del Riego, Avelino Pousa Antelo, Isaac Díaz Pardo, Elixio Rodríguez, Xosé Manuel Pavón e máis voces.
Servizo de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Servizos de Normalización Lingüísticas da Universidadesde Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela.