I. Listas de prezos
II. Sistemas de pago
III. Formas de envío e prazos de entrega
IV. Garantía
V. Devolucións e cambio de material
VI. Protección de datos de carácter persoal
VII. Lexislación e xurisdición
VIII. Reclamacións
Todas as compras que se realicen en MEMORIADAGALIZA.COM están suxeitas ás condicións xerais de compra expostas no presente documento.
MEMORIADAGALIZA.COM ten o seu domicilio social na rúa Ave do Mar, 14-15, 2B, CP 36950 - Moaña, Pontevedra, Galicia, España.
• Todas as películas están comercializadas en formato DVD PAL2.
• Todas as obras comercializadas están protexidas polos dereitos de autor. Nin a totalidade nin parte destas obras poden reproducirse, transmitirse ou proxectarse públicamente sen o permiso por escrito de Memoria da Galiza.
Todos os prezos expostos nas listas dos nosos produtos son con impostos ou sen eles segundo o país desde onde se efectúe a compra. No entanto, os sistemas aduaneiros de cada país aplicarán ou non as cargas impositivas correspondentes.
a) Tarxeta de Crédito VISA
b) PayPal
c) Contra reembolso
d) Transferencia
MEMORIADAGALIZA.COM resérvase o dereito de variar o tipo de envío e a compañía pola cal se efectúa este, independentemente do exposto nestas páxinas e sempre que non supoña un prexuízo manifesto para o cliente.
Para todos os pedidos o prazo de entrega dependerá do stock e do volume de traballo.
Aplicaranse as seguintes condicións:
a) ENVÍOS A GALICIA E ESPAÑA
– Se o pedido non excede os 2 quilogramos cobrarase 4,80 Euros.
– Se o pedido non excede os 5 quilogramos cobrarase 5,60 Euros.
– Se o pedido non excede os 10 quilogramos cobrarase 6,60 Euros.
b) ILLAS CANARIAS, BALEARES E ANDORRA
– Se o pedido non excede 1 quilogramo cobrarase 16 Euros.
– Por cada quilogramo adicional cobrarase 2,25 Euros.
c) PORTUGAL
– Si o pedido non excede os 2 quilogramos cobrarase 6,00 Euros.
– Por cada quilogramo adicional cobrarase 1,50 Euros.
d) EUROPA - UNIÓN EUROPA
– Se o pedido non excede os 100 gramos cobrarase 4,50 Euros.
– Se o pedido non excede os 200 gramos cobrarase 6,40 Euros.
– Se o pedido non excede os 350 gramos cobrarase 9,65 Euros.
– Se o pedido non excede os 500 gramos cobrarase 12,40 Euros.
– Se o pedido non excede os 1 quilogramos cobrarase 14,09 Euros.
– Se o pedido non excede os 1,5 quilogramos cobrarase 20,00 Euros.
– Se o pedido non excede os 2 quilogramos cobrarase 22,60 Euros.
e) RESTO DE EUROPA E GROENLANDIA
– Se o pedido non excede os 100 gramos cobrarase 3,88 Euros.
– Se o pedido non excede os 200 gramos cobrarase 5,52 Euros.
– Se o pedido non excede os 350 gramos cobrarase 8,32 Euros.
– Se o pedido non excede os 500 gramos cobrarase 10,69 Euros.
– Se o pedido non excede os 1 quilogramos cobrarase 12,15 Euros.
– Se o pedido non excede os 1,5 quilogramos cobrarase 17,24 Euros.
– Se o pedido non excede os 2 quilogramos cobrarase 19,48 Euros.
f) OUTROS PAÍSES
– Se o pedido non excede os 100 gramos cobrarase 4,84 Euros.
– Se o pedido non excede os 200 gramos cobrarase 7,94 Euros.
– S o pedido non excede os 350 gramos cobrarase 11,84 Euros.
– Se o pedido non excede os 500 gramos cobrarase 18,74 Euros.
– Se o pedido non excede os 1 quilogramos cobrarase 21,59 Euros.
– Se o pedido non excede os 1,5 quilogramos cobrarase 34,24 Euros.
– Se o pedido non excede os 2 quilogramos cobrarase 39,14 Euros.
Para pagos con transferencia non se enviará o material até non recibir comprobante de pago. (véxase formas de pago).
Os envíos a EUROPA (UE), resto de EUROPA / GROENLANDIA e RESTO DE PAÍSES serán realizados por Correo Postal en 48-72 horas unha vez confirmada a operación de compra. O prazo de entrega dependerá do país, pero adoita ser de 3 a 4 semanas. Está dispoñible un servizo de seguimento do paquete a partir do número de expedición que se facilita en cada envío (www.correos.es).
O custo total notificarase por email en cada caso no momento da compra.
Unha vez confirmado o pedido e o seu importe por parte do cliente, facilitarase o número de conta bancaria para realizar a transferencia bancaria.
Nas vendas extra Comunitarias (UE) non se repercutirá o IVE (16%), non obstante o sistema aduaneiro de cada país aplicará as cargas impositivas correspondentes. En ningún caso poderemos determinar o importe dos impostos a pagar polo cliente ao recibir o seu pedido xa que depende de cada país.
Os clientes de MEMORIADAGALIZA.COM teñen a garantía de recibir no seu fogar un produto en perfecto estado para o seu uso e goce.
Os defectos ou danos debidos a unha incorrecta utilización ou manipulación do material ou os desgastes producidos por un uso normal do mesmo, non se inclúen nesta garantía.
Os clientes que compren as obras en formato electrónico (libros, películas ou docus.net) terán acceso a ela mediante unha ligazón que funcionará soamente durante as primeiras 5 horas de efectuada a compra. Este servizo permite liquidar calquera problema técnico que o cliente teña no momento da compra.
Advírtese ao cliente que, por política de empresa, nunca se farán devolucións en diñeiro.
O material que se comercializa en MEMORIADAGALIZA.COM é eminentemente electrónico e por tanto é un produto revisado e apto tecnicamente para a súa comercialización, o cal restrinxe as devolucións ou cambio de material soamente ás obras que se comercialicen en formatos físicos (DVD e Libros).
A atención ao cliente dispón dun servizo postventa para solucionar calquera problema cos nosos artigos ou envíos, a través do cal tentamos ofrecer unha atención rápida e eficaz aos nosos clientes.
As películas en réxime de aluguer que se contraten en formato DVD deben ser visionadas e aceptadas no termo de 24 hs de chegado o envío, unha vez pasado este tempo non nos responsabilizamos do seu estado.
En cumprimento do establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, MEMORIADAGALIZA.COM, informa aos seus clientes de que os datos persoais facilitados serán incluídos nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, creado e mantido baixo a responsabilidade de MEMORIADAGALIZA.COM.
A finalidade do devandito ficheiro é facilitar a tramitación dos pedidos e enviar ofertas comerciais no futuro sobre produtos e servizos que poidan resultar de interese aos nosos clientes.
MEMORIADAGALIZA.COM garante a seguridade e confidencialidade dos datos facilitados. Deste xeito, comprométese ao cumprimento da súa obrigación de segredo dos datos de carácter persoal e do seu deber de gardalos e adoptar todas as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou uso non autorizado. Polo tanto, toda a información sobre os nosos clientes non será utilizada con propósitos comerciais nin será cedida a terceiros.
Os clientes de MEMORIADAGALIZA.COM poderán en todo momento exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, comunicándoo por escrito á nosa dirección de correo electrónico xestion@memoriadagaliza.com.
As presentes condicións xerais interpretaranse conforme a lexislación vixente en España na materia, que se aplicará subsidiariamente en todo o que non se previu nas mesmas.
De acordo coa Lei 34/2002 de 11 de xullo, de servizos da información e comercio electrónico, o contrato, cando interveña un consumidor, presúmese celebrado no lugar en que este teña a súa residencia habitual.
Ante calquera incidencia rogamos aos nosos clientes que se poñan en contacto primeiro co noso servizo de atención ao cliente en xestion@memoriadagaliza.com.
Se os nosos clientes non quedan satisfeitos co servizo prestado teñen dereito a cursar unha reclamación enchendo a seguinte folla de reclamacións.