Club MdGa
Club MdGa

O CLUB.MdGa nace coa vocación de reunir, ao redor da experiencia persoal e profesional de Xan Leira, a profesionais, investigadores, creadores e descendentes dos nosos emigrantes interesados, emotiva, intelectual e activamente, na construción colectiva do patrimonio inmaterial galego, como legado ao patrimonio universal.

Como ser Socio

O CLUB.MdGa ofréceche diversos servizos en exclusiva. Os gastos de inscrición supoñen un único pago de 20 euros, que o formalizarás co teu primeiro pedido de benvida, que consiste nun exemplar electrónico do libro e documental Castelao e os irmáns da liberdade.

Servizos

O CLUB.MdGa ofréceche os seguintes servizos en exclusiva.

Descontos do 20% nos títulos editados por Acuarela Comunicación sll.

Promocións especiais sobre o noso catálogo.

Personalización de libros para agasallos de empresa ou persoais.

Desconto do 30% para a edición electrónica de libros, cuxa autoría individual ou colectiva sexa dun asociado.

Construción en liña de proxectos de investigación e de edición.

Agasallo da equipación completa de Memoria da Galiza (chaleco, camiseta e gorra) para os socios que, ao longo do primeiro ano do seu ingreso ao Club, superen os 180 euros en compras. O agasallo recibirano no domicilio do país onde residan, sen custo algún.

Próximos convenios de colaboración con hoteis, restaurantes e establecementos de servizos en Galicia, Lisboa e Buenos Aires.